Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ramón Cabanillas.
Situación: Moaña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde a liña CAG 8.04 entre os CC.TT. Pontillón e Axencia Moaña, rematando no C.T. que se proxecta na rúa Ramón Cabanillas, concello de Moaña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 100 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V., e 15 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 20 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9890