Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. vivendas mariñeiros Mogor.
Situación: Marín.
Descricións técnicas: L.M.T. subterranea, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 7 da L.M.T. PSY 8.07, ata o C.T. que se proxecta en vivendas mariñeiros Mogor, concello de Marín. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 20 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9891