Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/360-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Granxa do Vao.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 131 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de fromigón, e 645 m de lonxitude o tramo soterrado, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Uteco ata o apoio 6 da mesma liña, e desde o apoio 3 da liña proxectada alimentando en bucle ós CC.TT. que se proxectan na Granxa do Vao, rematando na liña proxectada, concello de Pontevedra. Dous transformadores de 500 kVA cada un, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9889