Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.420

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (113/1997-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia do 10 de outubro de 1997, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 113/1997-3, por instancia de José e Andrés Nieves Aldrey, para facer constar no Rexistro da Propiedade a prosecución do tracto sucesivo en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

José Nieves Aldrey é propietario do predio número 1389 do plan xeral de concentración parcelaria da zona de San Martiño de Aríns, a descrición da cal é a seguinte: predio rústico, terreo destinado a labradío, no sitio Agro do Cebro, concello de Santiago de Compostela. Linda: norte, Antonio Pereira Raíces (1388); sur, Andrés Aldrey Raíces (1390) e Antonio Pereira Raíces (1388); leste, camiño; e oeste, Antonio Pereira Raíces (1388). Extensión: vintecatro áreas e noventa centiáreas. Figura inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela no tomo 1136, libro 166, folio 57, predio 20.163.

Andrés Nieves Aldrey é propietario do predio número 1290 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de San Martiño da Aríns, do cal a descrición é a seguinte: predio rústico; terreo destinado a monte, no sitio de Zanca da Vella, concello de Santiago de Compostela. Linda: norte, María Neiro Noya (1289); sur, María Dolores Prieto Aldrey (1291); leste, camiño; e oeste, Emilio Pereira Raíces (81301). Extensión: trinta e seis áreas e oitenta e cinco centiáreas. Figura inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela no tomo 1135, libro 161, folio 190, predio 19.977.

Polo presente edicto cítase a Roberto Arturo Rodríguez Domínguez e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegaren canto ó seu dereito conveña para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, catro de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

8791