Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.421

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO CARBALLIÑO

CÉDULA de notificación (312/1995).

Eu, Virginia Antón Guijarro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia do Carballiño e o seu partido xudicial, certifico:

Que neste xulgado se tramitan autos de xuízo executivo 312/1995, por instancia de Banco Pastor, S.A., con CIF A-15.000.128, domiciliado no Cantón Pequeno, 1 (A Coruña), representado polo procurador Antonio Pedrouzo Nóvoa, contra María Garrido Mosquera, con DNI 78.781.171-F, domiciliado en R/Calzada 43-3º (Marín-Pontevedra), pola contía de 505.230 ptas., das que corresponden 405.230 ó principal reclamado e 100.000 ptas, que se orzan provisionalmente para xuros, gastos e custas.

Os predios embargados con data do 31 de xaneiro de 1996 á demandada María Garrido Mosquera son os que a seguir se describen:

1. Piso 5º esqda. da casa en Pontevedra, rúa prolongación da Virxe do Camiño, nº 36, dunha superficie de 92 m. Predio nº 28.458, inscrito no folio 154, do libro 531, de Pontevedra, tomo 1.157.

2. 1/12 ava parte indivisa (rocho nº 3) do faiado baixo cuberta da casa antes descrita, dunha superficie total duns 210 m. Predio nº 28.461, inscrita no folio 158 do libro 531 de Pontevedra, tomo 1.157.

E para que conste e sirva de notificación da existencia do procedemento e do embargo practicado ó esposo da demandada, Eduardo Vázquez Rodríguez, con domicilio en Marín, R/Calzada nº 43- 3º, expido e asino a presente cédula no Carballiño o dous de xullo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

9879