Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo do sector da pesca de arrastre no Gran Sol.

Por instancia da Asociación Provincial de Armadores de Buques de Pesca de Gran Sol, e advertidos erros na publicación do convenio colectivo de Pontevedra para a pesca de arrastre no Gran Sol, publicado no DOG nº 220, do 13-11-1997, na páxina 10918, artigo 4, onde di: «no suposto de que a autoridade competente non aprobase ningunha das cláusulas...», debe dicir: «no suposto de que a autoridade competente non aprobase algunha das cláusulas...». No artigo 21.2º parágrafo, páxina 10921, onde di: «máis que en casos de perigo certo para a navegación, as persoas, o buque de pesca e os aparellos...», debe dicir: «máis que en casos de perigo certo para a navegación, as persoas, o buque, a pesca e os aparellos...». No artigo 28, páxina 10921, onde di: «sendo as especies que se van entregar as de

rapante e peixota...», debe dicir: «sendo as especies que se van entregar as de rapante e pescada». No artigo 34, páxina 10922, onde di: «coa liquidación de cada dúas mareas que comprenda o safe...», debe dicir: «coa liquidación de cada dúas mareas que comprende o safe...».

Polo que ó amparo do dispsoto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta delegación provincial,

ACORDA:

Rectifica-los erros materiais padecidos na publiacación do devandito convenio colectivo, na forma indicada, e publica-la presente resolución no DOG, con comunicación ás aprtes.

Vigo, 1 de decembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

8789