Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.411

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-11-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Materiales para la Construcción (Sección Mármoles y Piedras) e a Asociación Gallega de Graniteros, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG con data do 30-9-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións econica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de novembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para o ano 1997

para o sector de mármores e pedras de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes signatarias.

Son partes signatarias do presente convenio, dunha parte as centrais sindicais CC.OO. UGT e CIG, como representación laboral, e doutra parte a Asociación Provincial de Materiales para la Construcción (Sección de Mármoles y Piedras), e a Asociación Gallega de Graniteros en representación empresarial.

Ambas recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 32 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas e comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

(Redactado segundo o artigo 2 do convenio colectivo xeral da construcción C.X.C.).

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen ás actividades de pedra e mármore, incluíndo as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual, de acordo co estipulado no anexo II do convenio-xeral da construcción, apartado a). Segundo o artigo 13 do convenio colectivo xeral da construcción.

Artigo 4º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo terá vixencia dun ano, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997 e entrará en vigor ós 30 días do seu asinamento. Non obstante as táboas salariais terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 5º.-Procedemento de denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º c) do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1997.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das pactadas serán respectadas.

As condicións máis beneficiosas que, con carácter colectivo, estean recoñecidas en convenios colectivos de ámbito inferior e anteriores ó convenio xeral da construcción manteranse ata o vencemento dos ditos convenios. Unha vez producido este vencemento, as materias negociadas neste convenio xeral

rexeranse polo disposto que, apreciado no seu conxunto e sendo posterior, considérase norma máis favorable polas representacións asinantes.

(Redactado segundo artigo 19 C.X.C.)

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das representacións que tomaran parte na negociación do convenio. Unha e outra poderán dotarse de asesores.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizarlles ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo achegar para iso a documentación necesaria e asinando nel.

(Redactado segundo o artigo 24 C.X.C.)

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

Tódalas empresas están obrigadas a solicitar das mutuas patronais un recoñecemento médico anual para os traballadores que presten os seus servicios nas empresas do sector, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose, non alcanzando esta obriga a tódalas empresas que leven a efecto o dito recoñecemento polos seus propios medios ou a través dunha entidade aseguradora.

Os resultados serán facilitados inmediatamente ó traballador afectado cando o solicite.

Artigo 10º.-Contratación.

a) Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

Primeiro.-Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse

este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría deberá comunicárselle por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo.-Non obstante o anterior, logo do acordo entre as partes o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento do traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior, cumprindo o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo. En canto ó aviso previo do cesamento rexerá o pactado no suposto primeiro.

Terceiro.-Se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, trala empresa dar conta á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto primeiro. A representación dos traballadores do centro ou no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desapareceran. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado no suposto segundo.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Outras modalidades de contratación.

Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados no Real decreto 2546/1994 e a Lei

42/1994, ou normas que os substitúan terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7% se a duración fora inferior a 181 días e do 4,5% se a duración fora igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

(Redactado segundo os artigos 29 e 30 C.X.C.)

Artigo 11º.-Contratos de duración determinada do artigo 15.1º b) E.T.T.

1. Cando o contrato de duración determinada previsto no apartado 1º b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, nese suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a doce meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de dezaoito meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

2. A indemnización por conclusión destes contratos será a prevista no artigo 30 do vixente convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 12º.-Procedemento de ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou especial confianza, serán de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, serán establecidos pola empresa sistemas de carácter obxectivo; podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

(Redactado segundo artigo 54 C.X.C.)

Artigo 13º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 2,75% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, pluses salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC ó 31 de decembro de 1997, rexistre un incremento

superior ó 2,75% efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe afectando ós conceptos previstos no apartado a) deste artigo.

A revisión levarase a cabo unha vez que se constate oficialmente polo INE O IPC real de 1997, e cando proceda, aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. Tal revisión, calculada sobre os importes e as cuantías dos conceptos de 1996, servirá de base para o incremento de 1998.

(Redactado segundo artigo 5 do acordo sectorial nacional para a construcción).

Artigo 14º.-Compensación por supresión da antigüidade.

Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos e previsións contidas na Resolución do 6 de novembro de 1996 da Dirección Xeral de Traballo e Migracións pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do contido do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, aplicarase durante os anos 1996, 1997 e 1998, e con efecto do 1 de xaneiro de cada un destes anos, un incremento lineal de 10.000 ptas. por ano, para tódolos niveis profesionais das táboas salariais.

Os traballadores cobrarán a parte proporcional que teñen devengada e non cobrada no 21 de novembro de 1996, como se recolle na táboa anexa.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3. A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios anexa a este convenio, máis a antigüidade se é o caso.

(Redactado segundo artigo 61 do C.X.C.)

Artigo 16º.-Premio de puntualidade e asistencia.

Establécese un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consitirá nunha cantidade mensual de 5.563 ptas., e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador non estea no seu posto de traballo ou tarefa, no momento de comenza-la xornada laboral. Tamén se considerará falta de puntualidade a súa incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a mencionada xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do permio cada vez que se produza a dita falta.

4. A falta de asistencia dunha xornada de traballo, ocasionará a perda do 25% do premio.

5. As licencias establecidas no presente convenio provincial, convenio xeral da construcción e Estatuto dos traballadores non será consideradas como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 17º.-Incentivos.

As empresas afectadas por este covenio, con exclusión dos talleres de mármores que non teñan teares nin máquinas cortabloques, aboarán ós seus traballadores de fábrica ou taller un incentivo por cada día de traballo efectivo de 8 horas ou proporcional de 457 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional. Nos talleres de mármores indicados o incentivo será de 93 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional.

As empresas que teñan establecido ou establezan no futuro sistemas de medidas da productividade de conformidade coas disposicións legais vixentes, garantirán que os seus traballadores poidan alcanzar como minimo a cantidade sinalada no parágrafo anterior á actividade de 70 ou 120 segundo sistema.

Artigo 18º.-Transporte.

Establécese un plus de locomoción ou transporte que se percibirá con independencia do medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, incluso cando utilice medios de transporte propios da empresa, en contía de 649 ptas. por día de traballo efectivo.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo que non se computará para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 19º.-Traballo en alturas, penosos, tóxicos e perigosos.

Aqueles traballadores que executen os seus labores a cinco ou máis metros de altura sobre o baleiro, terán dereito a que se lles aboe o correspondente plus de altura.

No caso de traballos penosos, tóxicos e perigosos aplicarase o previsto no artigo 63 do convenio xeral da construcción.

Artigo 20º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis da mañá percibirá un plus de traballo nocturno equivalente ó 25 por cento do salario base da súa categoría. Respectaranse as condicións máis beneficiosas.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o plus sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

(Redactados segundo artigo 64 do C.X.C.)

Artigo 21º.-Retribución das horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, aboarase cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria. As horas extras realizadas en sábado ou domingo e festivos, o incremento será do 85%.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de descanso.

No suposto de que se realizara a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para estas no apartado 2º do artigo 68 do convenio xeral.

Artigo 22º.-Complemento de prestación de IT.

En caso de baixa hospitalaria, as empresas complementarán os traballadores afectados a prestación económica por incapacidade laboral transitoria que por enfermidade común ou accidente laboral aboe a Seguridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso:

a) Mentras dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliaráselle a trinta (30) días máis.

c) En ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de cen (100) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, aboarase un complemento de 963 ptas. por día a partir do décimo quinto día de producida a baixa.

Artigo 23º.-Indemnización.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 4.500.000 ptas.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaranse á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

(Redactado segundo artigo 70 C.X.C.)

Artigo 24º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2. A xornada ordinaria anual durante 1997 será de 1.764 horas. Aplicarase unha reducción de xornada con relación á xornada do ano 1996 de 4 horas, reducción que se fará efectiva o 30 de decembro de 1997.

3. Para adapta-la xornada ás 1.764 horas acordadas para o ano 1997, os días 26 de marzo, 2 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 31 de outubro e 24, 26 e 31 de decembro, terán consideración de descanso retribuído. Se algún destes días coincidise con festa local, será substituído polo día laborable inmediatamente anterior.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

4. Na sección de serradoiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorias, de acordo coa legalidade vixente.

5. Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xornada partida, poderá cambiarse a quendas de mañá e tarde por períodos de tempo determinados, logo de información ós representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6. O persoal técnico e administrativo, desfrutará de xornada continuada desde o 1 de xuño ó 15 de setembro, garantíndose os servicios mínimos de cada empresa mediante quendas deste persoal a xornada partida.

7. En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado no convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal sexa a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, dos cales polo menos 21 serán laborables, iniciándose en calquera caso, o seu desdrute, en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese no transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación por baixa na empresa.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado, o correspondente á situacion de incapacidade laboral transitoria, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase o mesmo se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade laboral transitoria, a duración computarase como días de vacacións sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

6. O desfrute das vacacions, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7. A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial anexa, máis antigüidade consolidada, se é o caso.

A dita táboa anexa é o resultado da suma de once mensualidades de salario, máis vacacións e dividido todo entre doce.

(Redactado segundo artigo 76 C.X.C.)

Artigo 26º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso de polo menos corenta e oito horas, salvo acreditada urxencia, e xustificacion, posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopen vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e o tempo seguinte:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día natural. Se se produce forá da provincia onde o traballador/a ten o seu centro de traballo: 2 días naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe ou compañeiro/a se é o caso, pais, ou fillos/as: 6 días naturais. Forá da provincia: 7 días naturais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Maternidade da esposa (ou compañeira se é o caso): 6 días naturais.

f) Morte do cónxuxe (ou compañeiro/a se é o caso) pais ou fillos: 4 días naturais.

g) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos: 2 días naturais.

h) Morte de irmáns/ás políticos, tíos/as, e tíos/as políticos: 1 día natural.

i) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais.

Fóra da provincia: 5 días naturais.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

Axuda de custo completa: 3.025 ptas.

Axuda de custo media: 1.199 ptas.

Artigo 28º.-Xubilación.

Recoñécese tres clases distintas de xubilación.

a) Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que fixesen sesenta e tres anos, e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continación en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade na empresaIdadeMeses de indemnización

02 a 05 anos6302 meses

06 a 10 anos6303 meses

11 a 20 anos6304 meses

21 a 30 anos6305 meses

Máis de 30 anos6306 meses

02 a 05 anos6401 meses

06 a 10 anos6402 meses

11 a 20 anos6403 meses

21 a 30 anos6404 meses

Máis de 30 anos6405 meses

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extrarodinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes.

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable.

O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicio ininterrompido na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en todo caso, segundo a táboa anterior, comprometerá ó empresario a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse conforme a unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada moemento, pola lexislación vixente, e pola súa vez, cos seguinte condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo de cadro dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida.

O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá ser comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituído farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trata.

4. No caso de que a indemnización pactada entre a empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituído poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

b) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Rexerá o disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

c) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os apartados inmediatamente anteriores, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Aqueles traballadores que se xubilen ós 65 anos de idade, cunha antigüidade na empresa superior ós 10 anos e inferior a 30, percibirán un premio de xubilación consistente en dúas mensualidades, que se incrementará a dúas mensualidades e media cando a antigüidade sexa superior a 30 anos.

A xubilación ós 64 anos segundo establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, concede idénticos dereitos se é o caso.

(Redactado segundo o artigo 1002 do CXC).

Artigo 29º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitarán roupa de traballo ó persoal segundo se especifique para cada sección e das que a duración mínima será a que se sinala en cada caso:

Pezas de roupa

Parque

bloques

e teares

Serradoiros

e pulidoras

Cortadoras

e acabados

Servicios

auxiliares

Fundas e traxes4 meses4 meses4 meses4 meses

Mandís4 meses4 meses4 meses

Botas4 meses4 meses4 meses4 meses

Luvas1 mes1 mes1 mes1 mes

Zocos12 meses12 meses12 meses

Por cada peza de roupa non entregada nos prazos sinalados, o traballador poderá reclamarlle á empresa, e esta aboará as seguintes cantidades:

-Funda ou traxes: 4.770 ptas.-Mandís: 2.388 ptas.-Botas: 1.927 ptas.-Luvas: 944 ptas.-Zocos: 3.809 ptas.

A entrega das botas excluirá a dos zocos e viceversa.

Artigo 30º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio consideran conveniente como regra xeral erradica-lo pluriemprego. Para os efectos consideran necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estar xa afiliados a outra empresa.

Para coadxuva-lo obxectivo de controla-lo pluriemprego considerarase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores e á súa solicitude, os boletíns de cotización á Seguridade Social así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64º.1.5 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Disposicións adicionais

Primeira.-O presente convenio colectivo será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

Segunda.-Ámbalas representacións, empresarial e social, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de traballo para o sector de mármores e pedras, manifestan expresamente o acordo de que se por resolución da Administración ou, se é o caso, da xurisdicción competente, se declarase a non aplicación obrigatoria do convenio xeral da construcción, publicado no BOE do 20 de maio de 1992, ó sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, resulten nulos e sen aplicación os artigos do citado convenio xeral da construcción así como do acordo sectorial nacional, trasladados ó texto do convenio colectivo provincial antes mencionado.

Táboa de salarios 1996

Pagas extras e vacaciónsIncentivo

Categorías

Salario

base

MarmoreríasRestoPlus

asistencia

MarmoreríasRestoPlus

transporte

Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos118.455169.110169.1105.414632
Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais118.455169.110169.1105.414632
ATS, mestres de ensino, mestres industriais114.671163.851163.8515.414632

Administrativos
Xefe de primeira115.968165.653165.6535.414632
Xefe de segunda104.075149.123149.1235.414632
Oficial de primeira96.349138.383138.3835.414632
Oficial de segunda88.634127.659127.6595.414632
Auxiliares telefonistas83.712120.815120.8155.414632
Aspirantes65.58995.62795.6275.414632

Técnicos non titulados
Encargado xeral110.608159.704159.7045.414632
Delineante superior104.075149.123149.1235.414632
Delineante de primeira96.349138.383138.3835.414632
Delineante de segunda90.652130.463130.4635.414632
Calcador83.712120.815120.8155.414632

Pagas extras e vacaciónsIncentivo

Categorías

Salario

base

MarmoreríasRestoPlus

asistencia

MarmoreríasRestoPlus

transporte

Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado83.817120.963120.9635.414632
Persoal de limpeza83.817120.963120.9635.414632
Xefe de almacén83.817120.963120.9635.414632
Mozo dos recados de 16 anos57.14083.88283.8825.414632
Mozo dos recados de 17 anos62.05790.17590.1755.414632
Almaceneiro83.817120.963120.9635.414632

Operarios
Encargado de obra/xefe taller3.1184.5084.6055.41490445632
Capataz-capataz de cuadrilla3.0134.3614.4585.41490445632
Contramestre2.9614.2904.3875.41490445632
Oficial de primeira2.9394.2594.3585.41490445632
Oficial de segunda2.8844.1834.2805.41490445632
Oficial de terceira-axudante2.8364.1164.2125.41490445632
Peón especialista2.8094.0794.1755.41490445632
Peón2.7964.0594.1575.41490445632
Aprendiz ou pinche de 16 anos2.0162.9763.0745.41490445632
Aprendiz ou pinche de 17 anos2.0613.0393.1365.41490445632

Táboa de salarios 1997

Pagas extras e vacaciónsIncentivo

Categorías

Salario

base

MarmoreríasRestoPlus

asistencia

MarmoreríasRestoPlus

transporte

Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos122.622173.761173.7615.563649
Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais122.622173.761173.7615.563649
ATS, mestres de ensino, mestres industriais118.734168.357168.3575.563649

Administrativos
Xefe de primeira120.066170.208170.2085.563649
Xefe de segunda107.846153.224153.2245.563649
Oficial de primeira99.908142.189142.1895.563649
Oficial de segunda91.981131.170131.1705.563649
Auxiliares telefonistas86.923124.137124.1375.563649
Aspirantes68.30298.25798.2575.563649

Técnicos non titulados
Encargado xeral114.559164.096164.0965.563649
Delineante superior107.846153.224153.2245.563649
Delineante de primeira99.908142.189142.1895.563649
Delineante de segunda94.054134.051134.0515.563649
Calcador86.923124.137124.1375.563649

Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado87.031124.289124.2895.563649
Persoal de limpeza87.031124.289124.2895.563649
Xefe de almacén87.031124.289124.2895.563649
Mozo dos recados de 16 anos59.62186.18986.1895.563649
Mozo dos recados de 17 anos64.67392.65592.6555.563649
Almaceneiro87.031124.289124.2895.563649

Operarios
Encargado de obra/xefe taller3.2334.6324.7325.56393457649
Capataz-capataz de cuadrilla3.1264.4814.5815.56393457649
Contramestre3.0724.4084.5085.56393457649
Oficial de primeira3.0504.3764.4785.56393457649
Oficial de segunda2.9934.2984.3985.56393457649
Oficial de terceira-axudante2.9444.2294.3285.56393457649
Peón especialista2.9164.1914.2905.56393457649
Peón2.9034.1714.2715.56393457649
Aprendiz ou pinche de 16 anos2.1013.0583.1595.56393457649
Aprendiz ou pinche de 17 anos2.1473.1233.2225.56393457649

Antigüidade consolidada no día 21 de novembro de 1996

Categoría

2 anos

3 anos

4 anos

5 anos

Cada ano

más

Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos5.8778.81611.75514.1062.351
Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais5.8778.81611.75514.1062.351
ATS, mestres de ensino, mestres industriais5.6888.53211.37613.6512.275

Administrativos
Xefe de primeira5.7538.62911.50613.8072.301
Xefe de segunda5.1587.73710.31712.3802.063
Oficial de primeira4.7727.1589.54411.4531.909
Oficial de segunda4.3866.5798.77310.5271.755
Auxiliares telefonistas4.1406.2108.2809.9361.656
Aspirantes3.2344.8516.4687.7621.294

Técnicos non titulados
Encargado xeral5.4858.22710.97013.1642.194
Delineante superior5.1587.73710.31712.3802.063
Delineante de primeira4.7727.1589.54411.4531.909
Delineante de segunda4.4876.7318.97410.7691.795
Calcador4.1406.2108.2809.9361.656

Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado4.1456.2188.2919.9491.658
Persoal de limpeza4.1456.2188.2919.9491.658
Xefe de almacén4.1456.2188.2919.9491.658
Mozo dos recados de 16 anos2.8124.2175.6236.7481.125
Mozo dos recados de 17 anos3.0574.5866.1157.3381.223
Almaceneiro4.1456.2188.2919.9491.658

Operarios
Encargado de obra/xefe taller15423230937162
Capataz-capataz de cuadrilla14922429835860
Contramestre14722029335259
Oficial de primeira14521829134958
Oficial de segunda14321428534257
Oficial de terceira-axudante14021028133756
Peón especialista13920827833356
Peón13820727733255
Aprendiz ou pinche de 16 anos9914919923840
Aprendiz ou pinche de 17 anos10215220324441

9728