Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do transporte público de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do transporte público de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-11-1997, subscrito en representación da parte económica polas asociacións de empresarios de transporte regulares e discrecionais de viaxeiros, da parte social, polas centrais sin

dicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 24-10-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e deposito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA.

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de novembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o transporte público de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a tódalas empresas comprendidas no ámbito de aplicación da ordenanza laboral para as empresas de transporte por estrada nas actividades de: transporte regular e discrecional de viaxeiros, que radiquen na provincia de Pontevedra e que, aínda residindo fóra dela, teñan establecemento dentro desta no que respecta ó seu persoal.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

O presente convenio terá unha duración de 2 anos, contados desde o 1 de abril de 1997, rematando os seus defectos o 31 de marzo de 1999. Entrará en vigor ós dez días do seu asinamento, aínda que os efectos económicos dos salarios pactados para o primeiro ano de vixencia do convenio se retrotraerán ó 1 de abril de 1997.

Entenderase prorrogado de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, con tres de anticipación, cando menos, á data do seu remate. A dita denuncia deberá facerse por escrito, dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan a totalidade do persoal contratado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, agás unicamente aquelas persoas ás que cita o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Compensación.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que xa viñeran rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º.-Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentaria poidan establecerse no futuro, serán absorvibles polos acrecentamentos acordados no presente convenio, sempre e cando superen os beneficios que se conceda no seu conxunto.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as condicións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa que significan condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías terá que se rexer para o primeiro ano de vixencia, 1 de abril de 1997 ó 31 de marzo de 1998, pola táboa salarial anexa.

Para o segundo ano de vixencia, 1 de abril de 1998 ó 31 de marzo de 1999, a devandita táboa incrementarase no 3,10%.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, maila antigüidade, se é o caso. Denominaranse 25 de xullo, Nadal e beneficios, e faranse efectivas do 22 de xullo, 22 de decembro e 15 de marzo respectivamente.

Artigo 9º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de 30 días naturais, que se desfrutarán en 1 ou 2 períodos. No caso de fraccionamento, un dos períodos nunca será inferior a 8 días, e os traballadores terán dereito a desfrutar un día máis nun deses. Un deles desfrutarase preferentemente nos meses de verán. As datas de desfrute acordaranse entre empresario e traballadores.

O traballador terá dereito a que a retribución do período vacacional que lle corresponda se aboe antes do seu inicio.

Artigo 10º.-Traballos nocturnos.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá terán unha retribución específica acrecentada nun 25% sobre o salario base.

Exclúense do cobramento do expresado complemento os traballadores que, coa categoría de serenos, gardas e vixilantes, así como a de lavacoches e mecá

nico de taller (no límite nos 2 últimos casos de 1 cada 10 vehículos por empresa), fose contratado especificamente para traballar no período nocturno.

Tamén se exclúen do cobramento deste complemento os demais traballadores qeu realicen traballos nocturnos cos que se pactaran condicións salariais máis favorables e/ou reducción de xornada laboral, na proporción antes dita.

Artigo 11º.-Conductores-perceptores.

O conductor-perceptor, cando desempeña asemade as funcións de conductor e cobrador percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial por posto de traballo igual ó 20% do seu salario base, por cada día no que se realicen ámbalas dúas funcións.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

O persoal que saia da súa residencia por causas do servicio terá dereito á percepción dunha indemnización polos gastos que se lle orixinen, que recibirá o nome de axudas de custo.

No caso de que non se traslade en vehículo da empresa, terá dereito a que se lle aboe o importe do billete en segunda clase, con dereito a liteira, se a viaxe fose nocturna.

O importe das axudas de custo para o primeiro ano da vixencia do convenio será o que a continuación se reficte:

1. Galicia: 4.304 pesetas axuda de custo completa, repartidas en 1.174 pesetas o xantar, 1.174 pesetas a cea e 1.956 pesetas pasa-la noite.

2. Territorio nacional e Portugal: 5.166 pesetas axuda de custo completa, repartidas en 1.409 pesetas o xantar, 1.409 pesetas a cea e 2.348 pesetas a pasa-la noite.

3. Restantes países europeos: 9.470 pesetas axuda de custo completa, repartidas en 2.582 pesetas o xantar, 2.582 pesetas a cea e 4.306 pesetas a pasa-la noite.

A empresa terá a facultade de asumi-lo pagamento do aloxamento e comida do traballador en substitución das axudas de custo.

Nos casos de destacamento, as axudas de custo establecidas no presente artigo sufrirán unha reducción do 33%, sen prexuízo da facultade que o precedente parágrafo lle recoñece á empresa.

Devengarán axudas de custo enteiras os que saian da súa residencia antes das 12 horas e regresen despois das 0 horas.

Percibarase a parte da axuda de custo correspondente ó xantar, sempre que o traballador saia da súa residencia antes das 12 horas e regrese despois das 14 horas.

Cobraranse axudas de custo para a cea, cando a saída se faga antes das 20 horas e a chegada despois das 22 horas.

Pasa-la noite correspóndelles ós que cheguen á residencia despois das 0 horas.

En viaxes superiores a 3 días de duración, o traballador terá dereito a unha axuda de custo adicional de 350 pesetas que devengará a partir do cuarto día.

Para o segundo ano de vixencia, as cantidades anteriores incrementaranse no 3,10%.

Artículo 13º.-Plus de distancia.

Co fin de comproba-los gastos que se lles producen ós traballadores para incorporarse ós seus postos de traballo, dadas as características desta actividade, as empresas aboarán a cantidade de noventa pesetas por día efectivo de traballo.

O dito plus terá natureza extrasalarial e non cotizable á Seguridade Social, de acordo co establecido na lexislación vixente.

A cantidade anteriormente mencionada incrementarase para o segundo ano do convenio no 3,10%.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada semanal ordinario de traballo será de 40 horas efectivas para todo o persoal, de acordo co Estatuto dos traballadores. A xornada anual ordinaria será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo. Cando a súa distribución a nivel de empresa supoña a superación das 40 horas semanais, o control e cómputo da xornada verificarase trimestralmente en termos de media. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, respectándose en todo caso o tempo máximo de xornada ordinaria anual dita anteriormente.

Para efectos de xornada, será de aplicación o disposto no Real decreto 1561/1996, e demais disposicións específicas para o sector de transportes.

O traballador terá dereito como mínimo a unha hora para realiza-lo xantar, no período comprendido entre as 12.20 e as 16.30 horas.

No caso de que por necesidade do servicio non fose posible realiza-lo xantar nese período, o traballador terá dereito a unha axuda de custo adicional de 322 pesetas.

A cantidade anteriormente mencionada incrementarase para o segundo ano de vixencia do convenio no 3,10%.

Artigo 15º.-Traballos en domingos e festivos.

Os domingos e festivos, se por excepcional necesidade da empresa, o traballador non puidese desfrutar do seu descanso neses días, farao dentro da semana seguinte, sinalándose o día con anterioridade ou cobrarao co acrecentamento do 75%.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias estructurais.

Para os efectos do previsto no Real decreto 92/1983, e a Orde do 1 de marzo de 1983 do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, sobre coti

zación adicional de horas extraordinarias estructurais, consideraranse como tales as que se realicen con ocasión de accidentes ou para solucionar necesidades urxentes e apremiantes que veñan esixidas de inmediato polo servicio, as que obedecen a períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da propia natureza da actividade de transportes.

Artigo 17º.-Caderno de control.

Todo o persoal, traballe ou non horas extraordinarias, será provisto dun caderno individual ou de ficha de control, na cal se irán anotando aquelas, así como as sucesivas liquidacións que se fagan.

Artigo 18º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneracion, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento de fillo, enfermidade grave ou morte de fillos ou cónxuxe. O traballador terá dereito a 1 días máis de licencia, se con tal motivo tivese a necesidade de desprazarse a unha distancia mínima de 80 quilómetros, ida e volta, contados desde a núcleo do concello onde o traballador teña o seu domicilio.

c) Dous días nos casos de enfermidade grave ou morte de demais parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispón en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes dito supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido, en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasarlle ó traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 19º.-Cesamentos.

Todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo, sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Para iso, o persoal comunicará á dirección da empresa a data do seu cesamento, cunha anticipación mínima de 15 días, agás para o persoal non cualificado para o cal o aviso previo será de 8 días.

Cando un traballador pretenda a rescisión do seu contrato, deberá seguir prestando os seus servicios en canto non transcorran os prazos sinalados no presente artigo.

O abandono do posto de traballo, sen que transcorresen os prazos sinalados, será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario base dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data na que, cumprido o trámite do aviso previo, lle correspondería o cesamento.

Artigo 20º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase por designación ou elección para o cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá solicitarse dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa, os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente conserva só o seu dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou semellante categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

Artigo 21º.-Uniformes.

Cumprirá a empresa e o traballador canto se refire a uniformes, consonte o que se determine na vixente ordenanza laboral para as empresas de transportes por estrada.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

As empresas que dispoñan de taller facilitaranlle ó seu persoal calzado adecuado, tendo en conta para iso o traballo específico que o dito persoal desenvolva no taller.

Artigo 23º.-Seguro de accidente laboral.

A empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores, de 2.600.000 pesetas por cada un, de xeito que, en caso de falecemento por accidente laboral o servicio da empresa, a devandita cantidade sexa cobrada polos seus herdeiros legais.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de seguridade social, senón un complemento desta.

Artigo 24º.-Accidente de traballo e enfermidade.

Durante as situacións de incapacidade laboral transitoria derivadas de accidente de traballo, as empresas completarán ata o importe íntegro do salario do convenio e por un máximo de 3 meses, contados desde a data da baixa, a prestación económica aboada pola Seguridade Social.

Se, ocorrido o accidente de traballo se hospitalizase o traballador, as empresas deberán completar, durante a hospitalización e por un máximo de 6 meses, incluído o período de 3 meses dito no parágrafo anterior, a prestación económica da seguridade social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Por outra banda, nas situacións de incapacidade laboral transitoria derivadas de enfermidade común que motive hospitalización, as empresas completarán durante a hospitalización e ata un máximo de 6 meses, a prestación económica da seguridade social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 25º.-Retirada do carné de conducir.

No caso de que por resolución administrativa se produza a retirada do carné de conducir a un conductor por un período non superior a 6 meses, durante a vixencia do convenio e conducindo un vehículo da empresa para a que presta os seus servicios, esta comprométese a facilitarlle ó productor afectado o posto de traballo máis apropiado de acordo coa súa categoría profesional.

Se a retirada do carné de conducir é por resolución xudicial firme, o período non será superior a 90 días.

Artigo 26º.-Pagamento de multas.

As multas por infraccións de tráfico imputables á culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. No caso de que a infracción non se deba a culpa ou imprudencia do traballador, as multas serán aboadas pola empresa.

Artigo 27º.-Obtención do carné escolar.

Cando un conductor, non contratado para realizar transporte escolar, sexa requirido pola empresa para obter, por primeira vez, a autorización administrativa correspondente par conducir vehículos dedicados a este tipo de transporte, a empresa estará obrigada a aboa-las taxas e demais gastos necesarios para a súa obtención perante os organismos competentes da Administración.

Artigo 28º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda, os conductores que realicen ó mesmo tempo labores de cobrador, polo menos 2 horas no día, percibirán a cantidade de 110 pesetas por cada día no que leven a cabo os ditos labores. Para o segundo ano de vixencia, a cantidade anterior acrecentarase nun 3,10%.

Para calcula-lo mínimo de 2 horas antes dito, realizando servicios como cobrador, estas computaranse tendo en conta os horarios e tempos correspondentes ás expedicións autorizadas pola Xefatura Provincial de Transportes.

Artigo 29º.-Período de probas.

Poderá concertarse por escrito un período de probas que non poderá exceder de 4 meses para os mandos e encargados, e de 2 meses para os demais

traballadores, cos efectos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 30º.-Licencias sen soldo.

Os traballadores terán dereito a unha licencia de 1 día sen soldo por necesidade debidamente xustificada de acompañar a fillos menores de idade á consulta médica, de non existir cónxuxe do traballador ou, no caso de separación ou divorcio, se o traballador tivese a custodia do fillo menor, ou cadre cos días de visita.

Artigo 31º.-Desprazamentos temporais.

Cando por razóns de servicio a empresa desprazase temporalmente os seus traballadores, por tempo superior a 3 meses, que esixa residencia en poboación distinta do seu domicilio habitual, os traballadores terán dereito a acumula-los medios días do descanso semanal non desfrutados, ata un total de 6,5 días, sendo a cargo do empresario os gastos do desprazamento do traballador ata o seu domicilio para desfrutar do dito descanso.

No caso de que o traballador retorne ó seu domicilio antes de chegar a acumula-los 6,5 días de descanso, segundo o disposto no parágrafo anterior, terá dereito a desfruta-lo tempo acumulado de descansos a partir do primeiro día do regreso.

Artigo 32º.-Xubilación forzosa.

Establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade dos traballadores que cumpran os requisitos esixidos para iso pola Seguridade Social.

Artigo 33º.-Xubilacíon anticipada.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 34º.-Xubilados e pensionistas.

Os xubilados, pensionistas de longa duración, viúvas e orfos menores de 18 anos dos trballadores falecidos en activo, das empresas de liñas regulares, terán dereito a viaxar nas liñas das súas respectivas empresas, como se o traballador estivese en activo.

Artigo 35º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e en xeral para entender en cantas cuestións se deriven da aplicación deste, establécese unha comisión paritaria, integrada por un número igual de representantes económicos e das centrais sindicais asinantes do convenio, a razón de un membro por cada central sindical.

A devandita comisión elixirá o presidente desta, que non poderá ser membro do devandito órgano.

Artigo 36º.-Indivisibilidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible, e para efectos da súa aplicación práctica, considerado na súa totalidade.

Artigo 37º.-Categoría de azafata.

Nas taboas salariais anexas aparece como nova categoría profesional a de azafata.

Entenderase por tal aquel traballador encargado de prestar asistencia ós viaxeiros naqueles servicios que así o requiran, por imposición legal ou por decisión da empresa, tanto por razóns de seguridade como de atención ó cliente.

Artigo 38º.-Plus de circulación.

Co nome de plus de circulación créase un complemento de posto de traballo para as azafatas que desempeñen as funcións as que se refire o artigo anterior, por un importe de 200 pesetas por cada día en que efectivamente realicen o dito cometido.

A dita cantidade in crementarase no 3,10% para o segundo ano de vixencia do conveino.

Artigo 39º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente, así como na ordenanza laboral de transportes por estrada, aínda que esta sexa derrogada polo Goberno e ata a súa substitución por convenio colectivo.

Disposicións adicionais.

Primeira.-As diferencias salariais debidas polas empresas como consecuencia da entrada en vigor deste convenio con posterioridade ós seus efectos económicos do 1 de abril, serán aboadas no prazo máximo de 60 días, contados desde a súa entrada en vigor.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio son as seguintes:

En representación dos traballadores, as centrais sindicais UGT, CC.OO., e CIG.

En representación dos empresarios, as asociacións de transporte regular e discrecional de viaxeiros.

TÁBOA DE SALARIOS

(Vixencia 1-4-1997 ó 31-3-1998)

Grupo I. Persoal superior e técnicos.

Subgrupo A)

I. Xefe de servicio140.593 ptas./mes.

II. Inspector principal123.017 ptas./mes.

Subgrupo B)

I. Enxeñeiros e licenciados129.061 ptas./mes.

II. Enxeñeiros técnicos e Aux. titulados 98.885 ptas./mes.

III. Axundantes técnicos sanitarios 90.072 ptas./mes.

Grupo II. Persoal administrativo.

I. Xefe de sección 106.493 ptas./mes.

II. Xefe de negociado 98.887 ptas./mes.

III. Oficial de primeira 92.128 ptas./mes.

IV. Oficial de segunda 84.445 ptas./mes.

V. Auxiliar administrativo 80.099 ptas./mes.

Grupo III. Persoal de movemento.

Subgrupo A) Estacións ou administracións.

Sección 1ª. Persoal de Estacións.

Clase 1ª.

I. Xefe de Estación de primeira106.180 ptas./mes.

II. Xefe de Estación de segunda101.294 ptas./mes.

Clase 2ª.

I. Xefe de administración de primeira106.180 ptas./mes.

II. Xefe de administración de segunda101.294 ptas./mes.

Clase 3ª.

I. Xefe de administración en ruta 96.414 ptas./mes.

II. Vendedor de billetes 82.583 ptas./mes.

III. Factor 82.583 ptas./mes.

IV. Encargado de consigna 82.583 ptas./mes.

V. Repartidos de mercadorías 2.741 ptas./día.

VI. Mozo 2.741 ptas./día.

Subgrupo C) Transporte de viaxeiros en autobuses, microbuses e trolebuses interurbanos.

Subgrupo D) Transporte de viaxeiros en autobuses urbanos.

I. Xefe de tráfico de primeira106.180 ptas./mes.

II. Xefe de tráfico de segunda101.294 ptas./mes.

III. Xefe de tráfico de terceira 96.414 ptas./mes.

IV. Inspector 3.051 ptas./día.

V. Conductor 2.997 ptas./día.

VI. Conductor-perceptor 2.997 ptas./día.

VII. Cobrador 2.586 ptas./día.

VIII. Azafata 83.234 ptas./mes.

Grupo IV.

Personal de talleres.

I. Xefe de taller115.240 ptas./mes.

II. Encargado ou contramestre 98.693 ptas./mes.

III. Encargado xeral 96.413 ptas./mes.

IV. Encargado de almacén 92.696 ptas./mes.

V. Xefe de equipo 3.297 ptas./día.

VI. Oficial de primeira 3.168 ptas./día.

VII. Oficial de segunda 3.031 ptas./día.

VIII. Oficial de terceira 2.913 ptas./día.

IX. Mozo de taller 2.601 ptas./día.

X. Traballadores en formaciónSalario mínimo según idade.

Grupo V. Persoal subalterno.

I. Cobrador de facturas 77.107 ptas./mes.

II. Telefonista 77.107 ptas./mes.

III. Porteiro 77.107 ptas./mes.

IV. Vixilante 77.107 ptas./mes.

V. Limpadora (por horas) 306

VI. Botóns de 16-17 anosSalario mínimo según su idade.

9412