Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de decembro de 1997 pola que se autoriza o centro privado Belarmino Fernández Iglesias, de Sober (Lugo), para imparti-las ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio servicios de restaurante e bar e cociña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Belarmino Fernández Iglesias, de Sober (Lugo), en solicitude de autorización para imparti-las ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio de servicios de restaurante e bar e cociña da familia profesional hostelería e turismo.

Resultando que polo Decreto 200/1997, do 24 de xullo (DOG do 6 de agosto), se autoriza e declara o centro de formación profesional de hostelería e turismo Belarmino Fernández Iglesias, de Sober (Lugo), como centro singular experimental de innovación no eido da formación profesional.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4); o Real decreto 1004/1991 (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 2221/1993, do 17 de decembro ( BOE do 10 de marzo de 1994), polo que establece o título de técnico en servicios de restaurante e bar e as correspondentes ensinanzas mínimas; o Real decreto 2219/1993, do 17 de decembro ( BOE do 11 de marzo de 1994), polo que se establece o título de técnico en cociña e as correspondentes ensinanzas mínimas; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros privados e a Orde de 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado de formación profesional de hostelería e turismo Belarmino Fer

nández Iglesias, de Sober (Lugo), a imparti-las ensinanzas correspondentes ós ciclos formativos de grao medio servicios de restaurante e bar e cociña, segundo os datos que no anexo se especifican.

Segundo.-Adscribir para efectos administrativos a dito centro ó instituto de educación secundaria A Pinguela, de Monforte de Lemos.

A delegación provincial de Educación e Ordenación Universitaria aprobará, logo de informe da Inspección de Educación, a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

O centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Lugo

Concello: Sober.

Localidade: Rosende.

Enderezo: Pazo de Ribas-Rosende-Sober.

Denominación xenérica: centro de formación profesional de hostelaría e turismo.

Denominación específica: Belarmino Fernández Iglesias.

Código do Centro: 270SOB02.

Titular: Fundación Belarmino Fernández Iglesias.

Composición Resultante:

-Centro de formación profesional específica.

Familia profesional de hostelería e turismo:

1 ciclo formativo de grao medio servicios de restaurante e bar.

1 ciclo formativo de grao medio cociña.

Capacidade: 4 unidades.

Postos escolares que se autorizan: 120.

8889