Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORISTANCO

BASES da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de operario de servicios múltiples do Concello de Coristanco.

BASES XERAIS

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria, a provisión en propiedade dunha praza de operario de servicios múltiples, polo sistema de oposición libre, incluída na oferta de emprego deste concello para o ano 1997.

O tribunal responsable da selección non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ás prazas convocadas.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para ser admitido ás probas selectivas de acceso á citada praza será necesario:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

c) Estar en posesión do título que en cada caso se sinala nas bases específicas, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, as comunidades autónomas, óu as entidades locais, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Os requisitos especiais que, se é o caso, poidan establecerse nas convocatorias específicas.

Terceira.-Presentación de solicitudes.

1. As instancias nas que se solicite tomar parte na oposición, nas que os aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, referidas sempre á data de finalización do prazo sinalado para a presentación de instancias, e que se comprometen a prestar xuramento ou promesa na forma legalmente establecida, dirixiranse ó alcalde-presidente da Corporación e presentaranse no rexistro xeral do concello, os días laborables de 9 a 14 horas.

2. O prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. As instancias tamén poderán presentarse nos rexistros que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os dereitos de exame, que se fixan na cantidade de dúas (2.000) mil pesetas, serán aboados polos aspirantes e o xustificante do ingreso xuntarase á instancia.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias o alcalde dictará resolución no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos. Na dita resolución, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios deste concello, indicarase o nome, apelidos e DNI dos admitidos e excluídos, indicando as causas da exclusión e concedendo un prazo de dez (10) días para emenda de defectos, se é o caso, de conformidade co establecido no artigo 71 Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na mesma resolución o alcalde determinará o lugar e data de comezo dos exercicios e a composición do tribunal cualificador.

Quinta.-Tribunal cualificador.

1. Composición. O tribunal cualificador estará integrado conforme o disposto no artigo 4 e) do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polos membros seguintes:

Presidente: o da corporación ou membro dela no que delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario no que delegue.

Vocais: un membro da corporación. Un representante da Comunidade Autónoma. Un representante da Escola Galega de Administración Pública, un funcionario de carreira, designado polo alcalde e o arquitecto técnico municipal.

2. Abstención e recusación. Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte deste e de intervir cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificándollo á autoridade convocante. Os aspirantes poderán recusalos.

A designación dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes, e os vocais deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas.

3. Composición e actuación. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, como mínimo, de tres dos seus membros titulares ou suplentes, indistintamente. As decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do presidente do tribunal.

A actuación do tribunal axustarase estrictamente ás bases da convocatoria. Non obstante, o tribunal resolverá as dúbidas que xurdan da súa aplicación e poderá toma-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases.

O tribunal poderá dispo-la incorporación de asesores especialistas para aquelas probas que así o coiden necesario e conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das sús especialidades técnicas, conforme as cales, exclusivamente colaborarán co respectivo tribunal.

4. Vinculación das resolucións do tribunal. O presidente da corporación resolverá de acordo coa proposta do tribunal, que terá carácter vinculante.

Sexta.-Calendario de realización das probas.

1. O lugar, data e hora da celebración dos exercicios das probas selectivas, fixarase na resolución da alcaldía onde declare a admisión e exclusión dos aspirantes a que se refire a base cuarta.

2. A orde de actuación, naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente, será a alfabética comenzando polo aspirante do cal o primeiro apelido a empece pola letra que resulte do sorteo previamente realizado polo tribunal.

3. Os aspirantes serán convocados previstos de DNI para cada exercicio en chamamento único e salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. A non presentación dun aspirante a calquera dos exercicios obrigatorios no momento de ser chamado determinará automaticamente a perda dos seus dereitos a participar non exercicios e, na súa consecuencia, quedara excluído do proceso selectivo.

4. Unha vez comezadas as probas selectivas non será obrigatoria a publicación dos sucesivos anuncios da celebración das restantes probas no BOP. Estes anuncios deberán facelos públicos o tribunal nos locais onde se celebraron as probas anteriores e no taboleiro de anuncios do concello.

5. Os opositores poderán realiza-los exercicios, á súa escolla en calquera das dúas linguas oficiais.

6. Os exercicios que se celebren por escrito poderán ser lidos publicamente se así o acorda o tribunal cualificador.

Séptima.-Sistema de cualificación.

1. Tódolos exercicios que sexan obrigatorios e eliminatorios serán cualificados ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados os opositores que non alcancen un mínimo de cinco puntos en cada un deles.

2. O número de puntos que poderá ser outorgado por cada membro do tribunal, en cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios, será de cero a

dez. No exercicio obrigatorio e non eliminatorio de coñecementos da lingua galega, será cualificado de cero a dez puntos. No exercicio obrigatorio e non eliminatorio da entrevista persoal será cualificado de cero a dous puntos.

3. As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes naquel, sendo o cociente a cualificación definitiva.

4. A orde de cualificación denifitiva estará determinada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto dos exercicios.

Oitava.-Relación de aprobados.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados pola orde de puntuacións, e estes non poderán supera-lo número de prazas convocadas e elevará a proposta con carácter vinculante ó presidente da corporación para que formule o nomeamento pertinente. Ó mesmo tempo remitirá á dita autoridade a acta da última sesión.

Novena.-Presentación de documentación.

1. Os aspirantes propostos presentarán ante a Administración dentro do prazo de vinte días naturais desde que se fagan públicas as relacións de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función que se vaia desempeñar, expedido polo xefe local de Sanidade.

d) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante procedemento disciplinario, de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

2. Os que tivesen a condicións de funcionarios públicos, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración pública da que dependan, acreditando a súa condición e cantas circunstancias consten no seu expediente persoal.

3. Os que dentro do prazo indicado e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia.

Décima.-Nomeamento e toma de posesión.

1. Rematado o proceso selectivo e presentados os documentos a que se refire a base anterior o alcalde, de acordo coa proposta do tribunal cualificador procederá ó nomeamento do funcionario que deberá tomar posesión no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó que se lle notifica o nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

2. Os que sen causa xustificada no tomen posesión no prazo sinalado, quedarán na situación de cesantes, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do noemamento conferido.

Décimoprimeira.-Incompatibilidades.

Os funcionarios nomeados quedarán suxeitos ó réxime de incompatibilidades do sector público, conforme a normativa vixente.

Duodécima.-Incidencias.

1. A aprobación das bases da convocatoria e os actos administrativos que se sucedan poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma prevista pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Para o non previsto nestas bases ou naquilo que as contradiga, serán de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto e Real decreto 896/1991, do 7 de xuño e Lei 5/1997, do 28 de xullo, de Administración local de Galicia.

ANEXO I

Probas selectivas para a provisión dunha praza de operario de servicios múltiples

1. Sistema de selección: oposición libre.

2. Dotación económica: os emolumentos serán os da súa categoría, fixados de acordo cos convenios colectivos laborais e acordos adoptados pola corporación municipal ó respecto.

3. Titulación esixida: certificado de escolaridade ou equivalente.

4. Número de prazas: unha.

5. Dereitos de exame: 2.000 ptas.

6. Exercicios da oposición: a oposición constará de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios, e un cuarto e un quinto obrigatorios e non eliminatorios.

Primeiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en responder por escrito, no tempo maximo de corenta e cinco minutos, a un cuestionario sobre os temas que figuran no programa anexo a esta convocatoria.

Segundo exercicio: obrigatorio e eliminatorio. Redacción sobre un tema proposto polo tribunal, relacionado co programa anexo a esta convocatoria, no tempo máximo de corenta e cinco minutos.

Terceiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio. De carácter práctico. Consistirá na realización, no período que determine o tribunal, de dúas tarefas relacionadas coas funcións propias deste posto (como operario de servicios múltiples, cuestións básicas de varredor, limpador, fontanería, electricidade, albanelería, carpintería, prevención de incendios, etc.) determinadas polo tribunal inmediatamente antes de que se celebre o exercicio.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio, consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego e viceversa nun tempo máximo de trinta minutos.

Quinto exercicio: obrigatorio e non eliminatorio. Ós aspirantes realizaráselles unha entrevista persoal que versará sobre a experiencia profesional, situación laboral actual e coñecementos do posto de traballo que se vai desenvolver. Esta valorarase de 0 a 2 puntos.

Os exercicios primeiro, segundo e terceiro son eliminatorios e cualificados ata un máximo de dez puntos; os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos en cada un dos exercicios serán eliminados. O cuarto exercicio será obrigatorio e non eliminatorio, e será cualificado ata un máximo de dez puntos. O quinto exercicio será obrigatorio e non eliminatorio e será cualificado ata un máximo de dous puntos. Os membros do tribunal poderán outorgar unha puntuación de cero a dous puntos.

Temas.

1. A Constitución española. Principios xerais.

2. A organización municipal. Concello Pleno. Alcalde. Comisión de Goberno.

3. Competencias municipais. Órganos de goberno do concello.

4. Os bens das entidades locais: concepto e clasificación.

5. Os centros municipais de formación. Obxectivos e características.

6. A calidade nos servicios de atención ó cidadán.

7. A comunicación na atención o cidadán.

8. A atención telefónica.

9. O cidadán fronte á Administración. Dereitos do cidadán no seu trato co concello.

10. Adquisición e perda da condición de funcionarios. Situación nas que pode atoparse.

Coristanco, 7 de novembro de 1997.

O alcaldeO secretario

RubricadoRubricado

10257