Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 28 de novembro, adoptou entre outros o seguinte acordo:

-Aprobar definitivamente o estudio de detalle e delimitación da unidade de xestión número 19 (UX-19) no Campo de Santa Marta, promovidos por Inmobiliaria Domínguez Vázquez, S.A., que non sofren alteracións con respecto ós inicialmente aprobados.

-Aprobar definitivamente como sistema de actuación o de compensación de propietario único.

Contra o citado acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

10274