Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/44-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: desvío liñas por estrada C-531, trito Mandrás (Celanova).

Situación: Celanova.

Descricións técnicas: desvío das liñas por reforma na estrada C-531, treito Mandrás (Celanova); p.k. 0,576; lonxitude de 52 m; orixe no apoio existente da L.M.T. Celanova centro de reparto, e remata no apoio no límite de expropiación da nova estrada 531, conductor LA-110. Baixa tensión entre os p.k. 0 e p.k. 0,34; lonxitude de 385 m; orixe no apoio do C.T., existente en Mandrás, conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 18 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9775