Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/45-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalcións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante:Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación:L.M.T., C.T. Y R.B.T. de Piúca, Maceda.

Situación: Picúa, concello de Maceda.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 502 metros de lonxitude, en conductor LA-56,derivada desde o apoio 10 da L.M.T. ó C.T. de Piúca, e remata no C.T. proxextado en Piúca (Maceda), cunha potencia de 250 kVA, relación de transformación de 20 kV/380-220 V; e rede de baixa tensión de 50 metros en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que nel figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Ourense, 18 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincia de Ourense

9860