Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/216-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: Igrexa, 15, 36820 Ponte-Caldelas.

Denominación: L.M.T. Santa Ana-Francha.

Situación: concello de Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 3.534 m de lonxitude, con conductor de aluminio-aceiro LA-110, desde o centro de distribución de Santa Ana ata o lugar de Fracha, apoio nº 11 da L.M.T. S.B. Taboadelo-Reigosa, concello de Ponte-Caldelas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/996, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 17 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9774