Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/79-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilela, Lobosandaus, Baños, Porto.

Situación: Bande.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56 de 172 m derivada desde o apoio 71 da L.M.T. Conchas-Celanova, e remata no C.T. proxectado aéreo en Lobosandaus con 50 kVA, 20 kV/380-220 V. Redes de baixa tensión. Liña aérea a 20 kV en conductor LA-56 de 384 m derivada desde un apoio da L.M.T. ó C.T. en Baños, e remata no C.T. proxectado aéreo en Quintela con 50 kVA, 20 kV/380-220 V. Redes de baixa tensión liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56 de 636 m, derivada desde o apoio 84 da L.M.T. Conchas-Celanova, e remata no C.T. proxectado aéreo en Maus do Baño con 50 kVA, 20 kV/380-220 V. Redes de baixa tensión, liña aérea a 20 kV en conductor LA-56 de 117 m, derivada desde o apoio 84 da L.M.T. Conchas-Celanova, e remata no C.T. proxectado aéreo en Vilela de Baños con 50 kVA, 20 kV/380-220 V. Redes de baixa tensión.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9543