Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/208-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. no lugar de Bouzas.

Situación: concello do Grove.

Descricións técnicas: L.M.T. subterráea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio que se vai instalar da L.M.T. A Graña-Conricado, rematando no C.T. que se proxecta no lugar de Bouzas, concello do Grove. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Resultando que o Concello do Grove no seu condicionado indica que a instalación se no futuro é necesario, de acordo cós plans establecidos polo propio concello, a modificación da mesma, esta sexa a cargo de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Considerando que a aprobación do proxecto realízase para unhas condicións técnicas actuais, e que as modificacións futuras ríxense polo artigo 29 do Decreto 2619/1966, salvo acordo voluntario das partes.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 3 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9776