Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/218-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Enderezo social: Iglesia, 15, 36820 Ponte-Caldelas.

Denominación: C.T., R.B.T. Vilarchan II.

Situación: concello de Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20.000/398-230 V. R.B.T. aérea, de 300 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. en Vilarchan II, concello de Ponte-Caldelas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 28 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9858