Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 58/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesións ordinarias celebradas con datas do 6 e 20 de novembro adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aproba-lo proxecto básico e de execución de reordenación da praza do Xardín Xapones por instancia de Promociones y Alojamientos Orensanos, S.A. representada por José Martínes Núñez, cos condicionantes técnicos sinalados polos servicios municipais engadindo o anexo de plantacións e rega presentado pola interesada. Esta aprobación queda condicionada:

2. Á constitución de garantía polo importe de catorce millóns duascentas sesenta e catro mil cincucenta e cinco pesetas (14.264.055 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras previstas nel.

3. Significarlle á promotora que este acordo non exclúe de solicita-las demais autorizacións que sexan necesarias para a execución das obras.

4. Significarlle a promotora do proxecto que a súa aprobación e execución, de se-lo caso, non xera dereito ningún nin supón modificación da situación xurídica da concesión.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992 do 26 de novembro.

Ourense, 26 de novembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

9758