Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 280/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 20 de novembro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 10 B do SU-32 de Ourense, a instancia de Eladio Vázquez Rodríguez.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 26 de novembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

9759