Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 14 de novembro de 1997, aprobou o expediente administrativo para a contratación, por medio de concurso con procedemento aberto, da prestación da asistencia técnica para a atención do teléfono de información ó veciño.

A través deste anuncio exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares para que durante o prazo de oito días hábiles -contados a partir do mesmo día da súa publicación-, se poidan presenta-las reclamacións que se consideren oportunas contra este que, de se presentar, serán resoltas polo mesmo órgano que o aprobou.

Ó mesmo tempo e para o caso de que nons e presenten, convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: concello de Oleiros.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 50/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación da asistencia técnica para a atención do teléfono de información ó veciño.

b) Lugar de execución: concello de Oleiros, praza de Galicia, nº 1 (Oleiros).

c) Duración do contrato: remata o 31-12-1998 aínda que pode ser prorrogable anualmente ata un máximo de catro anos salvo denuncia de calquera das partes cun mes de antelación ó remate da prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.400.000 ptas. (co IVE).

5. Garantías.

a) Provisional: 88.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: Oleiros 15173.

d) Teléfono: (981) 61 00 00.

e) Fax: (981) 63 10 29.

f) data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais (26) contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio xa sexa no BOP ou no DOG: ata as 13 horas.

b) Docuemntación que hai que presentar: a establecida no artigo 20 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

* Entidade: concello de Oleiros.

* Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

* Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mantela súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade: Oleiros.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. Se cadra un sábado, prorrogarase ata o luns ou día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio, así como os do anuncio que se publicará nun dos xornais de maior difusión da provincia, serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Oleiros, 21 de novembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa

9757