Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

EDICTO.

Segundo resolución da alcaldía do 23 de outubro do ano que andamos se resolveu:

Primeiro.-Aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación a constituír para a execución do solo apto para urbani

zar-BD 9 situado en Meixigo, Cambre, das vixentes normas subsidiarias municipais, presentado por Xosé María Espiño Varela.

A aprobación realízase coa condición expresa de que os artigos dos estatutos e bases de actuación que a seguir se sinalan se rectifiquen co seguinte texto:

* Artigo 7º.1.a): serán membros fundadores: as persoas físicas ou xurídicas ou entidades que, por seren titulares de terreos comprendidos no polígono, se constitúen en promotores da xunta de compensación, que terán que representa-lo cincuenta por cento das cotas de participación da unidade compensable.

* Artigo 10º.2: a asemblea fundacional quedará validamente constituída coa asistencia, persoal ou representada, dos propietarios titulares de terreos e incorporados á xunta que represente o 50 por cento da superficie total do polígono. O acordo de constitución requirirá o mesmo quórum.

* Artigo 17.2.a): os acordos, segundo o artigo 29 do Regulamento de xestión, adoptaranse por maioría simple de cotas de participación presentes ou representadas, agás nos casos seguintes que esixirá o quórum que para cada caso se determina:

-Para a modificación dos estatutos e bases de actuación, sinalamento e rectificación de cotas de participación, liquidación da xunta, aprobación dos criterios de avaliación dos predios resultantes e dos prezos para os supostos de compensación a metálico nas diferencias de adxudicación, incorporación de empresas urbanizadoras, avaliación das súas contribucións e establecemento das súas cotas e para o establecido nas alíneas da base 7ª, edificación pola xunta nos soares resultantes, alleamento e gravame de terreos propiedade da xunta adquiridos por expropiación ou por calquera outro título requírese o voto favorable de membros que representen o 60% das cotas de participación da xunta.

-Para a aprobación do proxecto de compensación requírese o voto favorable de membros que representen a maioría absoluta das cotas de participación da xunta.

* Base 2ª, alínea a): a compensación no ámbito do SAU-BD9 rexerase segundo o disposto nas presentes bases e, no non previsto nelas, polos preceptos contidos nos artigos 133 a 138 da Lei 1/1997, do solo de galicia e 157 a 185 do Regulamento de xestión urbanística.

* Base 3ª, alínea a): a avaliación dos predios aportados á xunta de compensación efectuarase de acordo co disposto nos artigos 48 a 57 do texto refundido da Lei do solo e artigo 101 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

* Base 5ª, primeiro parágrafo: o artigo 8º dos estatutos da xunta de compensación, en concordancia co artigo 134.2 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, estudia a posibilidade da incorporación de empresas

urbanizadoras á xunta para participar na xestión do polígono, logo de acordo da asemblea xeral.

* Base 8ª, derradeiro parágrafo: cando, non obstante a aplicación das anteriores regras, se teña que proceder á compensación en metálico por diferencias en máis ou menos, as cantidades correspondentes determinaranse en función do valor do solo segundo a aplicación do artigo 101 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e do artigo 88 do Regulamento de xestión, e deberán quedar determinadas e xustificadas no proxecto de compensación, segundo ordena o artigo 172.e) do Regulamento de xestión citado.

* Base 13ª, alínea c): para o cálculo da suma compensatoria de diferencias atenderase ó prezo medio dos terreos adxudicados, segundo se desprende do artigo 101.1.e) da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

* Base 17ª, derradeiro parágrafo: o proxecto de compensación someterase, logo de audiencia de tódolos afectados polo prazo dun mes, á aprobación da xunta. Deberá adoptarse o correspondente acordo por maioría absoluta das cotas de participación, en concordancia co artigo 17.2.a) dos estatutos e artigo 134.5 da Lei do solo de Galicia.

O proxecto así tramitado elevarase á aprobación definitiva da Administración actuante. Posteriormente, continuarase coas indicacións reflectidas no artigo 174 do Regulamento de xestión urbanística.

Segundo.-Somete-lo acordo e os citados documentos á información pública mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia polo prazo de vinte días, para que calquera interesado ou afectado poida presenta-las alegacións que ós seus dereitos conveñan, de conformidade co establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cambre, 9 de decembro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

9731