Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/250-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Tarreo.

Situación: Betanzos.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 0,063 km, con orixe na L.M.T. Betanzos-Carral (expediente 27209), e final no C.T. proxectado en Tarreo, no conductor LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 160 kVA 15.000/380-220 voltios en Tarreo. Enlace R.B.T. aérea de 0,015 km, con orixe no C.T. proxectado de Tarreo, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9581