Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/253-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., Oca-Traba-Sampaio.

Situación: Coristanco.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 4,26 km, con orixe na L.M.T. Vilares-Meano (expediente 5462), e final no C.T. de Sampaio, no conductor LA-56/54,6 mm.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9583