Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T., Ribeiro (Visantoña).
Situación: Santiso.
Características técnicas: R.B.T., aérea, C.T. Grañas ó lugar de Ribeiro de 0,85 km, con orixe no C.T. de Grañas (expediente 51049) en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 7 de novembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9582