Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 1 de decembro de 1997, o prego de cláusulas administrativas que deben rexe-lo concurso público convocado para a adquisición de bens inmobles, exponse ó público durante o prazo de 4 días, contados a partir do seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia para que poidan presentarse reclamacións; simultaneamente anúnciase o concurso público por procedemento aberto e tramitación urxente, aínda que a licitación se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

Obxecto: adquisición de bens inmobles que cumpran as condicións e requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Tipo de licitación: 3.500.000 ptas.

Fianzas: provisoria: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da licitación.

Documentación: o prego de condicións poderase consultar na secretaría do concello de luns a venres de 9 a 14 horas.

Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do derradeiro

anuncio de licitación no BOP de Ourense e no DOG de luns a venres de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dª..., maior de idade, veciño/a de... con domicilio en... DNI nº... en nome propio (ou/e en representación de... conforme acredito con...), informado/a da convocatoria do concurso, anunciada no BOP nº... con data... toma parte neste ofertando ó concello o terreo (ou/e a edificación) sito en..., cunha extensión (ou dimensións) de... m polo prezo de ... ptas., IVE non incluído.

Lugar, data e sinatura.

San Cibrao das Viñas, 1 de decembro de 1997.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa

10134