Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

3. Obxecto do contrato: adquisición dun terreo para a construcción dunha unidade de educación secundaria e un centro sociocultural. As características do terreo figuran no prego de cláusulas administrativas.

4. Tramitación: urxente.

5. Procedemento: aberto.

6. Forma: concurso.

7. Orzamento: o prezo máximo do m será de 1.000 ptas.

8. Garantía provisional: 100.000 ptas.

9. Obtención de documentación e información: Concello do Pino, Pedrouzo, s/n, Arca. Teléfono: 51 10 02. Fax: 51 11 23.

10. Presentación de ofertas: o prazo será de trece días naturais desde a última publicación efectuada. As ofertas presentaranse nas oficinas municipais en horario de 9 a 13 horas.

11. Apertura de plicas: terá lugar o primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo para a presentación de propostas.

O Pino, 9 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado