Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación da delimitación da unidade de execución número 31 do PXOU no Pino-avenida de Vigo.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do 27 de outubro do 1997 aprobou, con carácter inicial,

a proposta instada por iniciativa particular por Promociones Arga, Sociedad Limitada de modificación da delimitación da actual unidade de actuación ou polígono número 31 do vixente PXOU, agregándose parte de terreos do rueiro número 42, situados no lugar do Pino-Avenida de Vigo, de conformidade cun proxecto redactado polo arquitecto Roberto Laguna Fondovila, visado pola delegación en Pontevedra do COAG o 3-12-1996, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (r/ Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 12 de novembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

10126