Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 14.2 do PXOU-A Parda, e sometemento á información pública do proxecto de compensación inicialmente aprobado.

O Pleno da Corporación, en sesión do 30-10-1997, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e o de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de execución 14.2 do PXOU-A Parda, presentados a esta Administración municipal pola totalidade dos particulares e entidades mercantís propietarias dos terreos integrantes dese ámbito espacial, situado na Parda, entre as rúas da Estrada e Pedra do Lagarto e coa finalidade de proceder á súa xestión e execución, facéndose constar que as referencias ó Real decreto lexislativo 1/1992 se entenderán feitas ós preceptos correlativos da Lei 1/1997, texto legal que, en calquera caso, prevalecerá e será de aplicación no suposto de dúbida, discrepancia ou litixio na xestión e execución da unidade, de acordo coa súa disposición transitoria cuarta.

Segundo.-Designar como representante desta Administración no órgano rector da xunta a Fernando Lafuente Lestón, concelleiro vicepresidente da comisión informativa permanente de urbanismo, ou a quen no sucesivo asuma este cargo, cambio que se lle notifica oportunamente á xunta.

Terceiro.-Tomar coñecemento do acordo unánime dos propietarios incluídos nesta undidade 14-2, de presentación do proxecto de compensación da devandita unidade, equivalente á súa aprobación inicial.

Cuarto.-Dispor o sometemento á información pública do proxecto de compensación inicialmente aprobado, polo prazo de vinte días, con citación persoal dos interesados e a través da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que se formulen as alegacións que se consideran procedentes, publicándose este acordo no propio DOG con notificación individualizada ós propietarios e remisión de testemuña á COTOPV da Xunta de Galicia para logra-la testemuña á CPTOPV da Xunta de Galicia para logra-la executividade do acordo de aprobación de estatutos e bases.

Quinto.-Requirirlle ós propietarios afectados a constitución, mediante escritura pública, da xunta de compensación da unidade, facéndose constar que non se aprobará definitivamente o proxecto de compensación mentres non se formalice a devandita entidade urbanística.

Sexto.-Remiti-lo proxecto de compensación a informe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística co fin de que se informe sobre a súa adecuación ás disposicións de réxime do solo e ordenación urbana e planeamento municipal, así como a concreción das cesións e aproveitamentos susceptibles de apropiación.

Durante o prazo de viente días, contado desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo proxecto de compensación na Unidade de Fomento (Rúa Dona Teresa) e formula-las alegacións que estime procedentes.

Recursos procedentes: contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguitne a esta publicación, logo da súa comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.

Pontevedra, 3 de novembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral

9682