Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

RESOLUCIÓN do Padroado Municipal de Deportes pola que se anuncia concurso para a contratación da subministración e montaxe de bancadas telescópicas para o pavillón polideportivo de Esteiro.

Para xeral coñecemento e en execución do acordo da Xunta Rectora do Padroado Municipal de Deportes adoptado en sesión de 28 de novembro de 1997, convócase concurso en procedemento aberto, da subministración e montaxe de bancadas telescópicas para o pavillón polideportivo de Esteiro.

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a subministración e montaxe de bancadas telescópicas para o pavillón polideportivo de Esteiro consonte a memoria redactada por Alberto Castro Rascado, enxeñeiro municipal.

A referida memoria e o prego de cláusulas administrativas formarán parte do contrato de adxudicación da subministración que no seu día se outorgue.

2. Tipo de licitación: o importe máximo autorizado para esta contratación será de 4.400.000 ptas, incluído IVE, realizándose a mellora mediante baixa respecto del.

Os licitadores, nas súas propostas económicas, deberán incluír tódolos gastos e o importe do imposto sobre o valor engadido (en diante IVE), debendo figurar este concepto desagregado.

3. Financiamento: a subministración obxecto do contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 19-4521-611.01 do orzamento xeral en vigor.

4. Prazo de entrega da subministración: no prazo máximo de dous meses, contados a partir da data de notificación da adxudicación, o adxudicatario/a fará entrega do material obxecto do contrato.

5. Lugar e prazo de presentación: as proposicións presentaranse no Rexistro do Padroado Municipal

de Deportes sito no soto do Pazo Municipal, en man, e desde as 9 ás 13 horas durante os trece días naturais contados desde o día de publicación do último anuncio de licitación ben no BOP ou no DOG, (se este coincidise en sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil), en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente.

As proposicións poderán presentarse por correo; neste caso o interesado deberá acreditar co xustificante correspondente a data de imposición do envío na oficina de correos e comunicarlle o devandito día ó órgano de contratación, por fax ou telegrama a remisión da proposición. Sen o cumprimento destes requisitos non se admitirá a proposición no caso de que se recibise fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

Nembargantes, transcorridos dez días desde o remate do prazo de presentación, non se admitirá ningunha proposición enviada por correo.

As proposicións constarán de dous sobres denominados A e B, e en cada un deles farase consta-lo contido, no xeito que se amosa de seguido, así como o nome do licitador.

-A) sobre A) subtitulado: capacidade e solvencia para contratar, conterá os documentos esixidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, base da contratación sendo refugadas as proposicións que non conteñan a devandita documentación.

-B) sobre B) subtitulado: proposición económica, axustarase ó modelo esixido na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Fianzas: a garantía provisional será de 88.000 ptas., equivalente ó 2% do orzamento do contrato ou tipo de licitación.

O adxudicatario como requisito previo e preciso á formalización do contrato, deberá ingresar na Caixa do Padroado a garantía definitiva por importe de 176.000 ptas.

7. Apertura de plicas: rematado o prazo de presentación de proposicións, a mesa de contratación, convocada para os efectos e en sesión non pública, procederá á cualificación da documentación xeral presentada polos licitadores no sobre A).

Sae a mesa de contratación observase defectos formais na documentación presentada, poderá conceder, se o considera axeitado, un prazo non superior a tres días para que o licitador o emende.

A mesa de contratación, en acto público, o cal se celebrará no lugar, día e hora que oportunamente se sinale, procederá a apertura do sobre B de proposicións económicas na sala designada para o efecto da 1ª planta do Pazo Municipal. Iniciará o acto dando conta do resultado da cualificación da documentación xeral presentada polos licitadores, e indicándolle aqueles que resultaron excluídos, as causas

da súa exclusión e invitando os asistentes a formularen as observacións que consideren oportunas, e que, en todo caso, se recollerán na acta.

A continuación, o secretario da mesa, procederá á apertura dos sobres B e dará lectura das proposicións económicas formuladas neles. Posteriormente, e tralos informes técnicos oportunos, se fose o caso, a mesa de contratación elevará a proposta de adxudicación do contrato ó órgano de contratación que teña que efectuala.

8. Expediente administrativo: o expediente desta contratación, así como a documentación técnica unida a el, poderá ser examinado na oficina do Padroado Municipal de Deportes, do concello, de luns a venres e en horas de 9 a 13, contado desde o día no que apareza publicado o anuncio de licitación, ben no BOP ou no DOG.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 2 de decembro de 1997.

Leopoldo Ibáñez Santiago

Presidente delegado do padroado

9154