Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

RESOLUCIÓN do Padroado Municipal de Deportes pola que se anuncia concurso para a contratación de servicios administrativos, de vixilancia, limpeza de locais e organización de actividades deportivas.

Para xeral coñecemento, e en execución do acordo da Xunta Rectora do Padroado Municipal de Deportes adoptado en sesión do 28-11-1997, convócase concurso, en procedemento aberto, da contratación de servicios administrativos, de vixilancia, limpeza de locais e organización de actividades deportivas.

1. Obxecto do contrato: o obxecto deste contrato é a prestación dos servicios seguintes:

a) Control e vixilancia de accesos, limpeza de bancadas, movemento de material deportivo, etc.

b) Realización de actividades administrativas, tales como mecanografía, tratamento de textos, control de acceso a pistas de atletismo, cobros de prezos públicos, etc.

c) Organización de xogos municipais, coordinación co deporte escolar e colaboración nas diferentes actividades deportivas.

2. Orzamento do contrato: o orzamento do contrato é de sete millóns oitocentas corenta e catro mil seiscentas corenta e cinco pesetas (7.844.645 pesetas),

IVE incluído, para o período de vixencia do contrato, desbotándose as proposicións que excedan daquel. O importe mensual, incluído beneficio industrial, seguridade social e IVE, ascende a 1.568.929 ptas.

3. Financiamento: este expediente tramítase co carácter de anticipado, polo que nons e procederá á súa adxudicación entrementres non exista crédito orzamentario suficiente, que se consignará no orzamento do padroado para 1998.

4. Duración do contrato: o contrato terá unha duración inicial desde o día 5 de xaneiro ó 31 de maio d 1998.

Así e todo, de mutuo acordo, ámbalas partes contratantes poderán prorroga-la vixencia do contrato, sen que a duración total del, incluídas as prórrogas poida exceder de seis anos. A prórroga do contrato deberá de pactarse dentro do último mes en que finalice o período inicial da súa vixencia ou período de prórroga correspondente, sen que, en ningúin caso, poida producirse tacitamente a citada prórroga.

Se o padroado ou o contratista non desexaran proseguir co contrato, este último esatará obrigado, se así o decidira o padroado, a continuar coa prestación do servicio, ata que o Padroado concertara un novo servicio de asistencia, sen que esta prórroga forzosa poida exceder de seis meses.

5. Lugar, modo e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro do Padroado Municipal de Deportes, sito no soto do Pazo Municipal, en man, e desde as 9 ás 13 horas durante os trece días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación ben no BOP ou no DOG (se este coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte hábil). Así e todo, poderán presentarse por correo nos termos do artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións constarán de dous sobres denominados A e B, e en cada un deles farase consta-lo contido, no xeito que se amosa de seguido así como o nome do licitador.

-A) sobre A) subtitulado: oferta económica para o concurso para a contratación de servicios administrativos, de vixilancia, limpezad e locais e organización de actividades deportivas, axustarase o modelo esixido na cláusula 7.

-B) sobre B) subtitulado: documentación para o concurso para a contratación de servicios administrativos, de vixilancia, limpeza de locais e organización de actividades deportivas, que conterá a documentación esixida na cláusula 9.

6. Garantías.

-Provisional: 157.000 pesetas.

-Definitiva: 314.000 pesetas.

7. Apertura de proposicións: a mesa de contratación cualificará previamente os documentos presentados en tempo e forma e procederá, en acto públi

co, á apertura das proposicións presentadas polos licitadores e levaraas á Xunta Rectora, coa acta e a proposta que coide pertinente, que incluirá en todo caso a ponderación dos criterios establecidos na cláusula 14.

8. Expediente administrativo: o expediente desta contratación, así como o estudio anexo realizado polo director xerente, poderá ser examinado na oficina do Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol, de luns a venres e en horas de 9 a 13, contado desde o día en que apareza publicado o anuncio de licitación, ben no BOP ou no DOG.

9. Gastos de publicidade: correrán todos por conta do adxudicatario.

Ferrol, 2 de decembro de 1997.

Leopoldo Ibáñez Santiago

Presidente delegado do padroado

10119