O Concello Pleno, en sesión do 28 de novembro de 1997, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle para un predio situado na marxe dereita da N-VI, Avda. da Pasaxe, presentado por Promociones Seisa, S.L.
O que se fai público significando que contra o acordo que se traslada cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.
A Coruña, 3 de decembro de 1997.
P.D.
Salvador Fernández Moreda
Alcalde
10118