Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., U.F. bens Recinto Renfe.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,117 km con orixe na L.M.T.S. A Grela-A. Viñes (expediente 33114) e final na L.M.T. A Grela-A.
Viñes (expediente 33114) en conductor R.H.V.-12/20 kV. 3(1x240) mm Al.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 12 de novembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9570