Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/287-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Bertamiráns Leste.

Situación: Ames.

Características técnicas: L.B.T. aérea de 0,094 km con orixe no C.T. edificio Chavián, en conductor R.Z. e apoio de madeira recuperado en obra. L.B.T. aérea de 2,336 km con orixe no C.T. Quistiláns, en conductor R.Z. e apoios de formigón e fibra de vidro. L.B.T. aérea de 2,099 km con orixe no C.T. de Quistiláns, en conductor R.Z. e apoios de formigón. L.B.T.S. de 0,414 km con orixe no C.T. Avda. Mahía 59 en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9572