Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/284-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. de Cornido-Outeiro.

Situación: Narón.

Características técnicas: L.B.T. aérea de 0,825 km con orixe no C.T. Cornido, en conductor R.Z. e apoios de formigón. L.B.T. aérea de 0,181 km con orixe no C.T. de camiño da Torre en conductor R.Z. sobre apoios de formigón existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9569