Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/177-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Denoi.

Situación: Arzúa.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 520 m con orixe na liña que alimenta o C.T. Fucarelos (expediente 50206) e final no C.T. que se vai instalar. Centro de transformacion, tipo aéreo de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Denoi. Arzúa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9568