Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52658).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo social na Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación seguinte:

Modificación de instalacións eléctricas nomeadas saídas de media tensión da subestación de Bergondo, consistente en:

-Prolonga-lo tramo subterráneo, dobre circuíto, a 20 kV, en 438 m de lonxitude, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, ata actual apoio nº 4.

-Seguido de liña eléctrica aérea, en dobre circuíto, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-180 de 1347 m de lonxitude e final no apoio nº 11 onde deriva tramo a Carral e tramo a Betanzos. Termo municipal de Betanzos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 12 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9567