Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO CARBALLIÑO

EDICTO (14/1997).

Eu, María Elena Muruais Bao, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Carballiño e o seu partido, fago público que neste xulgado se tramita co número 14/1997 expediente sobre declaración de herdeiros ab intestato de Sira Fernández Herrera, natural de San Amaro e falecida en Ourense o día 4 de xaneiro de 1997 sen testar, reclamando a súa herdanza os seus irmáns de dobre vínculo: Peregrina, Pilar, Julio e Antonio Fernández Herrera e os seus sobriños: Mercedes, Julia, Angelina, María del Carmen e María Elena Barral Fernández (fillos

da sua irmá Dorinda); María Teresa Fernández Alvarado (filla do seu irmán Edelmiro); Concepción Bardelás Fernández (filla da sua irmá Rosa) e María Begoña e Marcos Fernández Paradela (fillos do seu irmán Ramón) en substitución dos sus respectivos pais, téndose acordado por resolución desta data chamar polo presente edicto os que se crean con igual ou mellor dereito, para que comparezan no xulgado a reclamalo dentro de trinta días, conforme dispón o artigo 984 da Lei de axuizamento civil.

O Carballliño, 12 de novembro de 1997.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

9558