Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude da concesión directa de explotación Umia, nos concellos de Portas e Meis, por parte de Áridos del Umia, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Áridos del Umia, S.L., con domicilio en r/ Víctor Said Armesto, 1, Pontevedra, presentou nesta delegacion provincial, o día 6 de maio de 1996, instancia-solicitude da concesión directa de explotación Umia, de 6 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), (áridos), que se sitúa nos termos municipais de Portas e Meis, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2723, da provincia de Pontevedra.

A designacio do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 42' 20''42º 33' 00''

Vértice 28º 41' 20''42º 33' 00''

Vértice 38º 41' 20''42º 33' 20''

Vértice 48º 42' 20''42º 32' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 6 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9578