Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (236/1997).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 236/1997 10 por instancia de Carlos Moreno Barbera contra Ángel Hernández Jiménez, e nas súas actuacións en resolución desta data acordouse citar a Carlos Moreno Barbera co fin de que o día doce de febreiro, ás trece horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciante, apercibíndoo de que, en caso de non verificalo, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Carlos Moreno Barbera, expido e asino en Santiago de Compostela o vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

9387