Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (277/1995-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de maior contía 277/1995 (antes, maior contía acumulados 181/1984 e 450/1985 do extinto Xulgado de Primeira Instancia número tres desta cidade), ante este xulgado, por instancia de Carmen García Suárez e outro, contra María Lourdes Cambón Negreira e outros, sobre nulidade de testamento e escritura de doazón, por medio da presente cédula cítase a persoa que logo se dirá, co fin de que o día 13 de xaneiro de 1998, ás 10.30 horas, compareza ante este xulgado co obxecto de forma-lo correspondente inventario e inicia-la liquidación da sociedade de gananciais habida entre a

falecida María Negreira Vila e o tamén falecido José Cambón Suárez, para verificar despois a deste coa súa segunda esposa supérstite Carmen García Suárez.

E para que lles sirva de citación en forma ós interesados Dulcina e Alfredo Cambón Negreira e a José Luis Cambón García e Carmen García Suárez e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de novembro de 1997.

O secretario

Rubricado

9549