Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (203/1997).

En cumprimento do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, Celia Carmen Rodríguez Arias, no xuízo verbal de faltas nº 203/1997 que se segue neste xulgado por furto, cóitese en legal forma a José Antonio Rey Sampedro, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día catro de febreiro ás 10 horas compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndoo que de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que interese valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido e asino a presente cédula en Ribeira o vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

9650