Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.236

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1997, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións de admitidos e excluídos do proceso selectivo para o ingreso nas escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen as probas selectivas convocadas polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de agosto de 1997, publicadas no Diario Oficial de Galicia nos seus números 198 e 199 correspondentes ós días 14 e 15 de outubro de 1997, respectivamente, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas de admitidos e excluídos os procesos selectivos para o ingreso nas escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros da Xunta de Galicia. As listas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto, é (902) 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo publícase a lista de excluídos en ámbalas dúas escalas, que figura como anexo desta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1997.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación provisional de aspirantes excluídos

no proceso selectivo para o ingreso na escala

de profesores numerarios de institutos

politécnicos marítimo-pesqueiros

Apelidos e nome

DNI

Causas de

exclusión

* Materia: Bioloxía pesqueira
Acceso libre

Bermúdez Castro, Rosa María3524693506
Reboredo Canosa, Santiago3245186305

Apelidos e nome

DNI

Causas de

exclusión

* Materia: Inglés marítimo
Acceso libre

Gestoso Mallo, Silvia3611150804
López Iglesias, María Teresa3282208404

* Materia: Física
Acceso libre

Miguens Muñiz, Javier4407808904

* Materia: Formación humanística
Acceso libre

Fontenla Alonso, María Begoña3544388606

* Materia: Lingua e literatura española
Acceso libre

Estévez Castro, Valentín3532143604
Paz González, Mario7657181805

* Materia: Cultivos mariños
Acceso libre

Facorro Búa, José Manuel3530167504
Fernández Albores, José Antonio3328020404
Fernández Souto, Bernardo3326132804
Morais Fontenla, Inés Elvira3556493104
Soto García, Eduardo3611686104

* Materia: Formación e orientación

laboral

Acceso libre

Ramos Sánchez, Pilar3278829403

Relación provisional de aspirantes excluídos no proceso selectivo para o ingreso na escala de mestres de taller e institutos politécnicos marítimo-pesqueiros

Apelidos e nome

DNI

Causas de

exclusión

* Materia: Instructor de pesca
Acceso libre

Rivas Lago, Ramón Ángel5245311104
Veiga Bellón, Raúl3265853304

* Materia: Prácticas de buque

(ponte e cuberta)

Acceso libre

Piñón Lourido, Jesús7640439505

* Materia: Instalacións e equipos

e cultivos

Acceso libre

Costal Giráldez, Daniel3556149104/06

Causas de exclusión

Sistema de acceso libre:

CódigoCausa

01.Non posuí-la nacionalidade española.

02.Non ter cumpridos 18 anos.

03.Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame.

04.Non xusta-la copia do DNI ou calquera documento oficial

similar.

05.Non cumpri-lo requisito da titulación esixida pola

convocatoria.

06.Presenta-la solicitude fóra de prazo.

07.Non sinala-la materia á que se presenta o interesado.

08.Instancia non asinada.

19.Incumprimento do establecido na base I.1.4.

Sistema de acceso por promoción interna:

CódigoCausa

09.Incumpri-las normas da base I.1.4.

10.Non pertencer ó corpo ou escala do grupo correspondente.

11.Non xunta-la copia do DNI ou calquera documento oficial similar.

12.Presenta-la solicitude fóra de prazo.

13.Non sinala-la materia á que se presenta o interesado.

14.Non cumpri-los requisitos esixidos na base 1.2.2.3 da convocatoria.

15.Instancia non asinada.

16.Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame.

17.Non cumpri-lo requisito da titulación esixida en cada convocatoria.

18.Non presenta-lo anexo V.

9653