Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 97/033 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial deta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Aministrativo de Servicios Múltiples-Monelos-e para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 19 de novembro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador: En 97/033.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Mª Jesús Muñoz Novoa. R/ Mercado, 18, Ourense. 34.915.730.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artículo infrinxido: 38.13º.

Calificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Procedimiento sancionador: En 97/052.

Denunciada, DNI, último enderezo coñecido: Dolores Gude Sampedro. Estrada Xeral-Aguiño, Ribeira (A Coruña). 33.253.471.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artículo infrinxido: 38.13º.

Calificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Procedemento sancionador: En 97/055.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: José Ángel Lado Seoane. Avda. da Coruña, Ribeira (A Coruña)

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artículo infrinxido: 38.13º.

Calificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

9629