Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 13 de novembro de 1997 pola que se exclúen do catálogo de montes de utilidade pública varios montes da provincia de Lugo.

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e á vista do disposto no artigo 13 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.- Dar de baixa do catálogo de montes de utilidade pública, por ter quedado firme a resolución do Xurado Provincial de Montes que os clasifica como veciñais en man común, os que se relacionan a seguir:

* Número: 8-C.

Concello: Monterroso.

Nome: Serra de Pol.

Pertenza: parroquia de San Cibrao de Pol..

Límites:

Norte: Monte Vacaloura e Narón;

Leste: propiedades particulares de Mesón Frío e monte Costa de San Cristovo e Castelo de Ambasrías;

Sur: Monte Costa de San Cristovo e Castelo de Ambasrías;

Oeste: propiedades particulares de Pol.

Especie: Queiroga.

Cabida total: 100 has.

Cabida forestal: 100 has.

* Número: 77-B.

Concello: Guitiriz.

Nome: Gándaras de Barredo e Boedo.

Pertenza: parroquias de San Xoán de Lagostelle e Santa Mariña de Lagostelle.

Límites:

Norte: estrada nacional VI e propiedades particulares de San Xoán de Lagostelle;

Leste: propiedades particulares de San Xoán de Lagostelle.

Sur: propiedades particulares de San Xoán de Lagostelle e monte Lagoa e Boedo.

Oeste: monte Curral de Santa Eulalia de Mariz e propiedades particulares de Santa María de Lagostelle.

Cabida total: 769,50 ha.

Cabida forestal: 758 ha.

* Número: 80.

Concello: Muras.

Nome: Seixo Branco.

Pertenza: parroquia de San Pedro de Viveiró.

Límites:

Norte: con monte público da parroquia de Silán;

Leste: con monte público da parroquia de Silán;

Sur: con monte de Santa María da Balsa;

Oeste: con propiedades particulares.

Especie: carpaza e toxo.

Cabida total: 112 ha.

Cabida forestal: 112 ha.

* Número: 81.

Concello: Ourol.

Nome: Costa de Cebrán.

Pertenza: parroquia de Santa María de Ourol.

Límites:

Norte: con propiedades particulares e monte Penairde;

Leste: con monte Gañidoira;

Sur: con monte da parroquia de Muras e río Xestoso;

Oeste: con monte da parroquia de Muras e propiedades particulares.

Especie: carpaza.

Cabida total: 650 ha.

Cabida forestal: 650 ha.

* Número: 88.

Concello: Viveiro.

Nome: monte Maior.

Pertenza: concello de Viveiro.

Límites:

Norte: co concello de Xove.

Leste: coa partida chamada de Juan Penenado, e Trapasa;

Sur: co monte público de Lamas de Toxo e José Chao;

Oeste: co monte público de Lamas de Galdo.

Especie: toxo.

Cabida total: 89,875 ha.

Cabida forestal: 89,875 ha.

* Número: 90.

Concello: Viveiro.

Nome: Penedo do Galo.

Pertenza: concello de Viveiro.

Límites:

Norte: con propiedades particulares.

Leste: con propiedades particulares;

Sur: co monte público de Lamas de Galdo e propiedades particulares.

Oeste: con propiedades particulares;

Especie: Pinus pinaster, Pinus radiata, toxo e queiroga.

Cabida total: 408,75 ha.

Cabida forestal: 408,75 ha.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e contra ela só cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

9628