De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no
anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e ó seu Regulamento, do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial de Agricultura, Gandería e Montes.
O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Aministrativo de Servicios Múltiples-Monelos-e para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).
A Coruña, 19 de novembro de 1997.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Procedimiento sancionador: Montes 97/096MV.
Denuncido, DNI, último enderezo coñecido: José María Quintáns Fernández. Avda. de Barraña, Boiro (A Coruña).
Apertura dunha gabia de 47 m de longo e 60 cm de largo.
Preceptos infrinxidos: 410 do Regulamento de montes.
Precepto sancionador: 410 do Regulamento de montes.
Sanción: 197.400 ptas.
9671