Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 193/1997).

De conformidade co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional (BOE do 31-12-1994), e artigos 9 do Decreto 2617/1966, e 10, 16 e 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), estes de aplicación transitoria, sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV de 400 m de lonxitude, con conductor LA-56, con orixe no apoio número 20 da liña de M.T. Pedri

do-Betanzos II, centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA e R.B.T. de 655 m, conductor R.Z., e apoios de formigón, no lugar de Gas (Betanzos), no seu percorrido polos termos municipais de Paderne e Betanzos (expediente 193/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Gas.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos trinta días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e pedir datos para a identificación dos bens que se afectan; examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª Enerxía, s/n, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, e formular ante ela mediante escrito, alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 4 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 193/1997Provincia: A Coruña

L.M.T. ó C.T. GasTermo municipal: Betanzos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

1A NogueiraPradoLourdes Casanova Pérez. Rta.: Ramón Fernández RaposoMonjas, 7/9-1º D, 15300 Betanzos10135
2A NogueiraMonte baixoLeopoldo González de la MazaReal, 1, 15003 A Coruña24205
3A NogueiraViñaFrancisco Porto NúñezSouto, Gas, 6, 15319 Betanzos1228280
4A NogueiraViñaLeopoldo González de la MazaReal, 1, 15003 A Coruña31310
5A NogueiraPradoJosé Doporto DizPintor Seijo Rubio, 21-2º Iz, 15300 Betanzos655
6A NogueiraLabradíoManuel Diz CortésSouto, Gas, 10, 15319 Betanzos92770
8Os FerrásLabradíoManuel Diz GabínSouto, Gas, 10, 15319 Betanzos19190
9A CurtiñaLabradíoLeopoldo González de la MazaReal, 1, 15003 A Coruña2227208
10A CurtiñaLabradíoJosé Dopico GarcíaSouto, Gas, A Rúa, 3, 15319 Betanzos60926

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

12Tras das bodegaLabradíoLeopoldo Gonzáles de la MazaReal, 1, 15003 A CoruñaC.T.6811208
13Tras das bodegaFroiteirasJosé Dopico GarcíaSouto, Gas, A Rúa, 3, 15319 Betanzos7200

9377