Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 200/1997).

De conformidade co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional (BOE do 31-12-1994), e artigos 9 do Decreto 2617/1966, e 10, 16 e 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), estes de aplicación transitoria, sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV de 483 m de lonxitude, con conductor LA-56, orixe a liña de M.T. Ponte do Porco-Sambollo, centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e R.B.T. de 25 metros, conductor R.Z. e apoios de formigón, no lugar de Vilanova, no termo municipal

de Miño (expediente número 200/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Vilanova.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos trinta días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e pedir datos para a identificación dos bens que se afectan; examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª Enerxía, s/n, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, e formular ante ela mediante escrito alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 4 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 200/1997Provincia: A Coruña

L.M.T. ó C.T. de VilanovaTermo municipal: Miño

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

1MaceirasPradoManuela Pérez DíazReal, 20-baixo, 15600 Pontedeume1281810
3MaceirasLabradíoAntonio Lourido RodeiroSan Juan de Vilanova, Bar do Galego, 15609 Miño19190
5MaceirasPradoVíctor Lagoa FernándezSan Juan de Vilanova, A Picota, 2, 15609 Miño20320
6MaceirasPradoJuan Dopico LorenzoBermaño, A Torre, 15609 Miño32512
6/1MaceirasMonte altoJuan Dopico LorenzoBermaño, A Torre, 15609 Miño2218288
7OuteiroLabradíoMaría Santiago CopeiroSan Juan de Vilanova, Boebre, 66, 15609 Miño15142

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

8OuterioLabradíoJesús Vila RegueiraSan Juan de Vilanova, Ombre, 32, 15609 Miño14155
9OuteiroLabradíoAntonio Filgueiras FreijomilSan Juan de Vilanova, Ombre, 30, 15609 Miño31303
10OuteiroMonte baixoJuan Filgueiras BedoyaPerbes, A Picota, 14, 15619 Miño31155
11OuteiroMonte baixoJuan Manuel Leira PenedoSan Juan de Vilanova, 25, 15609 Miño31155
13OuteiroPradoIsaura Pérez VázquezSan Juan de Vilanova, Fondo de Bañobre, 19, 15639 Miño22220
14OuteiroLabradíoAntonio Bedoya VázquezGándara de Abajo, 15407 FerrolLat.34
15OuteiroPradoAntonio Rodríguez VilariñoAndrade, 30, 15614 Pontedeume3234306
16OuteiroMonte baixoManuel Bedoya AresSan Juan de Vilanova, Ombre, 39, 15609 MiñoLat.13
17OuteiroMonte baixoAndrés García CabanaSan Juan de Vilanova, Gonzalvo, 15609 MiñoLat.20
18OuteiroMonte baixoManuel Bedoya AresSan Juan de Vilanova, Ombre, 39, 15609 MiñoLat.42
19OuteiroMonte baixoAndrés García CabanaSan Juan de Vilanova, Gonzalvo, 15609 MiñoLat.16
20OuteiroFroiteirasManuel Bedoya AresSan Juan de Vilanova, Ombre. 39, 15609 Miño421041040
21OuteiroPradoRosa Fonte VázquezPerbes, Fonte da Leira, 15609 Miño1/2

C.T.

332256
22OuteiroPradoCarmen Anido TenreiroCastro Viadeiro, 15639 Pontedeume1/2

C.T.

332256

9376