Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/168-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Oubiña.

Situación: concellos de Cambados e Ribadumia.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea a 20 kV a L.M.T. aérea de 532 m de lonxitude, con

conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 73 da L-28.02 Carolinas-Cambados, rematando no C.T. que se proxecta de Oubiña, concellos de Cambados e Ribadumia. A L.M.T. subterránea de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V. R.B.T. aéreo-subterránea, a aérea de 359 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón. A rede de B.T. subterránea de 90 m de lonxitude con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 3 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9378