De conformidade co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional (BOE do 31-12-1994), e artigos 9 do Decreto 2617/1966, e 10, 16 e 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), estes de aplicación transitoria, sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV de 33 m de lonxitude, con conductor LA-56, orixe la liña de M.T. Betanzos-Teixeiro, centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e R.B.T. con conductor R.Z., e apoios de formigón, no lugar de Chas, no termo municipal de Coirós
(expediente número 188/1997).
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Chas.
En consecuencia, calquera persoa dentro dos trinta días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e pedir datos para a identificación dos bens que se afectan; examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª Enerxía, s/n, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, e formular ante ela mediante escrito, alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 30 de outubro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente nº: 188/1997Provincia: A Coruña
L.M.T. ó C.T. ChasTermo municipal: Coirós
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Superficie Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº m ml m
1 Cruce de Espenu Monte alto Elvira Seoane Valladepaz r/ Rolla, 24/6-3º, 15300 Betanzos 14 224 2 A Cortiña Labradío José González Amenedo Os Chas, 4, 15316 Coirós C.T. 6 19 304
9324