Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 16-9-1997, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para áridos de granito na concesión mineira nomeada Umia, número 2723.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 16-9-1997, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de áridos de granito na concesión mineira Umia nº 2723, sita en terreos dos termos municipais de Meis e Portas, provincia de Pontevedra, promovido por Áridos del Umia, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación do espacio delimitado polos paralelos 42º 33' 00'', 42º 32' 30'' norte, e polos meridianos 8º 42' 20'', 8º 41' 20'' oeste, que representa unha superficie de 6 cm, e que foi incorporada ó expediente da concesión Umia nº 2723, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 27 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9374